Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian o peche dos Servizos Sociais de Pazos pola baixa da traballadora

RR_Noticias

A baixa da única traballadora mantén pechado o servizo que atende ás persoas en situación máis vulnerable dende hai xa un mes. Así o denuncian dende a Agrupación de Electores Alternativa Veciñal de Pazos quen acusan ao concello de “demasiado tempo e recursos a cuestións menores ou secundarias, mentres desatende necesidades primordiais dos veciños”.

Apuntan dende esta agrupación política que os servizos sociais de Pazos contan cunha única traballadora que ten que atender aos usuarios e usuarias que se achegan ao concello, visitar domicilios e levar adiante trámites administrativos, sen apoio de ningún tipo. Unha precariedade que supón que, en caso de ausencia da traballadora por algún motivo, o servizo queda sen persoal. Algo que sucede dende hai un mes, ao atoparse a traballadora social de baixa. Instan ao goberno a cubrir esta baixa de xeito inmediato por tratarse dun servizo que atenden necesidades perentorias de veciños e veciñas, e son imprescindibles para as persoas en situación máis vulnerable.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará