Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O antropólogo Rafael Quintía fala na Casa da Cultura do mito da Moura

RR_Noticias

O gañador do XX Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais pola súa investigación sobre as mouras presenta o seu libro “Análise estrutural e simbólica do mito da moura galega” nun acto que terá lugar hoxe venres ás 20:00 horas na Casa da Cultura. Rafael Quintía estará acompañado de Xosé Couñago, da Asociación Cultural Alén Nós, organizadora do evento.

Antropólogo, membro fundador e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), Rafel Quintía Pereira presenta este rigoroso ensaio sobre o valor simbólico da Moura como herdeira das deidades femininas arcaicas. O estudo baséase nun traballo de campo que achega abundante simplificación descritiva que se sustenta nunha dimensión comparativa coas mitoloxías universais.
A SAGA, que preside Rafael Quintía, traballa na investigación e a divulgación da etnografía, da prehistoria e da historia de Galicia, da súa cultura tradicional -tanto material como inmaterial- e de tódolos aspectos enmarcados dentro do campo da antropoloxía social e cultural, así como a promoción de todas aquelas actividades, publicacións, traballos e accións que vaian en beneficio da conservación, divulgación e investigación do noso acervo cultural galego.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará