Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo de inscrición para participar nunha charla e ruta-paseo sobre vexetación invasora

RR_Noticias

A actividade, organizada pola Concellería de Medio Ambiente, desenvolverase os días 19 e 22 de outubro na Casa da Cultura e abordaranse cuestións tales como a identificación, problemática ambiental e control das especies invasoras que se están a espallar pola contorna. Inscrición no 986 400300 e no enderezo medioambiente@redondela.es. As prazas están limitadas a 40 persoas.

Ante o crecente aumento de especies invasoras na nosa contorna, o Departamento de Medio Ambiente organiza unhas charlas onde se dará a coñecer a problemática destas especies nos nosos ecosistemas, así como aprender a recoñecelas e as medidas de control para que non rematen colonizando o espazo das especies autóctonas.
A formación constará de dúas sesións, unha teórica e outra práctica. A primeira desenvolverase o día 19, ás 20:00 h, unha charla na Casa da Cultura, dunha hora aproximadamente, para dar a coñecer a importancia das especies invasoras e as súas consecuencias nos diferentes ecosistemas que colonizan, a súa identificación, maneiras de eliminalas, etc.
Xa o sábado 22 ás 10:30 h celebrarase unha ruta-paseo, de 3 horas aproximadamente, na que se levará á práctica todo o visto na charla teórica.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará