Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada “Muller e liderado” na escola de Igualdade María Vinyals en Soutomaior

RR_Noticias

O obxectivo da xornada, que se celebra este xoves 28 no Castelos de Soutomaior, é crear un espazo de aprendizaxe e intercambio no que analizar o liderado feminino e dar resposta ás necesidades do mercado actual respecto ao autoliderado e ao liderado de equipos, a través de conferencias, exposicións e obradoiros cun fin divulgativo e formativo. Ademais, tenta contribuír ao empoderamento das mulleres e ao seu desenvolvemento persoal e profesional. As inscricións pódense formalizar na páxina http://www.mullereliderado.com

A Escola de Igualdade María Vinyals acolle este xoves 28 a xornada “Muller e liderado” dirixida a todas aquelas persoas que queiran mellorar o seu liderado persoal e profesional,  así como descubrir ferramentas e estratexias que lles permitan desenvolver a súa capacidade para autoxestión de persoas e equipos ou axudar ao desenvolvemento doutras persoas: mulleres líderes, directivas, mulleres emprendedoras, organizacións públicas e privadas, profesionais de recursos humanos, orientadoras e orientadores laborais e profesionais ou persoas con interese en estratexias de liderado e xénero. As inscricións para a xornada, totalmente gratuíta, pódense facer xa a través da páxina web http://www.mullereliderado.com. No formulario haberá que seleccionar un dos seis obradoiros que, ao longo da mañá, se impartirán de xeito simultáneo (no caso de estar completo o aforo dalgún deles, fixado en 35 persoas, recibirase un aviso indicándoo para poder escoller outro). Nesta mesma páxina web tamén se pode consultar o programa completo da xornada e demais información relativa á mesma e ás mulleres poñentes.  

Carmela Silva presidenta Deputación
Fálanos da xornada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará