Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela F.S. cae ante o Beade e o Arealonga logra o empate con Tui Futsal

RR_Noticias

Desiguais resultados no futbol sala local cun partido que era aprazado, o que lle tocaba disputar ao Campito e que foi posposto para este venres día 30, xornada na que os de Chapela si se medirán co Mos. Os outros dous partidos deixan unha derrota ao caer o Redondela ante o Beade por 4-2 e o empate a dous tantos entre Arealonga e Tui Futsal.
O Redondela visitaba a difícil cancha do Beade, líder da categoría até o momento, e que se adiantarían no marcador tras un fallo defensivo do Redondela que pouco despois se atoparían co segundo gol en contra e cun partido moi costa arriba.

Tras o descanso, co 2 a 0 no marcador os de Redondela centrábanse no traballo en ataque para tentar acurtar distancias pero os descoidos defensivos propiciaron o terceiro gol e complicaba aínda mais a situación.
A falta de 8 minutos os Redondeláns conseguen acurtar en dúas ocasións moi seguidas, que levantaría o ánimo ao equipo pondo o 3 a 2 no marcador. Houbo máis ocasións pero a falta de  puntaría e a boa actuación do porteiro local evitaron que o empate subise ao marcador, que tan só se movería para anotar o cuarto gol dos de Beade a falta pouco tempo. O vindeiro sábado0 o Redondela xoga no pavillón novo de A Marisma, será ás 16:15 cando reciba ao Valladares.
O Arealonga lograba un empate co Tui Futsal, 2-2 foi o resultado do partido disputado en Chapela para un equipo que na próxima semana xoga no campo do Celado.
Por último o Campito pospuxo, a petición do Mos o partido que o calendario lles marcaba para esta fin de semana e que se disputará o venres 30. Intensa semana para o Campito que en cinco días disputará 3 partidos, o mércores co Pazos xogan un partido correspondente á Copa Xunta, o venres xogan co Mos e xa o domingo disputan o partido correspondentes á terceira xornada da liga que os enfrontará co club das Neves.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará