Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP é a forza maioritaria en Redondela pero o bloque de esquerdas refórzase

RR_Noticias

Os populares son a forza maioritaria no noso concello co apoio de 5.587 papeletas, con todo o bloque de esquerdas, o que estaría integrado por PSOE, En Marea e BNG refórzase repecto das eleccións autonómicas do 2012 e logra o apoio de máis de nove mil votantes. No resto da bisbarra os populares tamén logran ser maioría en Soutomaior e Pazos, non así en Fornelos, bastión socialista, onde o PSOE volver ser primeira forza aínda que a escasa distancia do PP de quen os separan tan só cinco votos.

O PP mantense como primeira forza no noso concello co apoio de 5.587 electores e En Marea (4.344) logra o sorpasso superando claramente ao PSOE (3610). O BNG beneficiase do “efecto Ana Pontón” e recupera apoios (1273) logo de varios comicios onde a tendencia á baixa era clara. Pola súa banda Ciudadanos, formación que queda fora do parlamento, logra en Redondela o apoio de 509 persoas. A lectura destes resultados é ben diferente, mentres o PP saca peito logo de recuperar a primeira posición nunhas eleccións que ao seu entender son reflexo da “boa xestión que estamos a facer nas diferentes administracións”, dende os grupos da oposición recoñecen a derrota pero apuntan “os veciños de Redondela son maioritariamente de esquerdas e así o avalan estes resultados”. Javier Bas (PP) non o dubida “os cidadáns queren que goberne o PP e así o están a demostrar elección tras elección e onte volveron facelo”. Apunta tamén que en Redondela as Mareas están a desinflarse e o motivo sería, segundo di “porque se está a ver o que fan naqueles concello onde gobernan e a xente non quere experimentos quere estabilidade e sentidiño” en referencia ás propias palabras empregadas por Feijoo. Joshua Rodríguez contesta, dende as mareas, que Redondela “leva varios períodos electorais dicindo que queren un goberno progresista e de cambio”. Recoñecen que deben traballar máis “para chegar a todas as persoas que por medo non se achegan a Podemos e ás confluencias”. Leonardo Cabaleiro (PSOE) asume erros que achaca a un problema de comunicación “ao non seren quen de chegar co noso programa á cidadanía”. Engade que agora é tempo de facer unha análises para saber porque non conectaron cos votantes. Fai tamén lectura en clave local “os resultados volven demostrar que en Redondela predomina o voto de esquerda” pero engade que non é tempo de falar de posibles alternativas. Unha alternativa que si demandan dende o BNG. O responsable local da formación Anxo Lusquiños convida ao resto dos grupos da oposición a facer esa análise “porque cos datos na man, hai números para formar un goberno alternativo a Javier Bas. En canto aos resultados galegos entende que Feijoo xogou a baza de “senón é o PP é o caos” e comprométense a levar ao parlamento galego os problemas que afectan aos redondeláns.  

Javier Bas PP
Uns resultados que avalan a xestións dos populares
Joshua Rodríguez En Marea
Traballar máis para chegar aos que non se achegan por medo
Leonardo Cabaleiro PSOE
En Redondela predomina o voto de esquerda
Anxo Lusquiños BNG
Un partido que logra recuperarse

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará