Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Táboas entre Choco e Rápido de Bouzas

RR_Noticias

O Rápido de Bouzas e o Choco empataron onte no Baltasar Pujales (1-1), no segundo partido da Vila de Bouzas Series-Trofeo Baltasar Pujales. Ao descanso chegouse co 0-0 inicial, pero no minuto 57, Oki adiantou ao conxunto redondelán, que dominou no marcador ata que, no minuto 85, o local Raúl estableceu o empate definitivo.

Rápido de Bouzas 1-1 C.D. Choco
Rápido de Bouzas e Choco disputaron onte un amigable no que os dous equipos traballaron como se fóra oficial, cos dous equipos a un gran nivel. O equipo adestrado por Marcos Montes formou con dúas liñas de catro bastantes xuntas e sempre por detrás da liña de medio campo, co que aos vigueses custoulles mover o balón e facer o fútbol directo que Salinas pretende. Na metade do primeiro tempo o Choco comezou a chegar con máis perigo á portaría de Aaron, pero sen definir.
Na segunda parte chegaron os cambios. Os dous equipos fóronos dosificando, pero ao final xogaron todos os convocados. E o Choco adiantouse no marcador aos doce minutos por mediación de Oki, que non celebrou o gol ao estar hai poucos meses no conxunto de Bouzas. Malia o gol as cousas non mudaron moito. O Rápido seguía presionando para facerse co balón, pero a defensa do Choco seguía moi ben ordenada. Os de Patxi Salinas tiveron algunha ocasión, e xa cara o final unha boa xogada de Raúl permitiulle ao Rápido lograr a igualada finalizando o choque cun empate.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará