Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A música mistúrase co teatro no concerto de Odaiko coa Banda Xuvenil de Chapela

RR_Noticias

O grupo de percusión Odaiko chega o sábado a Redondela co seu espectáculo”Vaia Banda”, no que actúan xunto a Banda Xuvenil de Chapela. Un concerto para público de 0 a 100 anos no que misturan a música feita con incribles trebellos, xunto co teatro e o circo.

Unha divertida posta en escena é o que promete esta formación. O seu director artístico e musical, Juan Collazo, asegura que “ninguén se vai aburrir”. Os virtuosos percusionistas opfrecen, xunto coa banda de música, unha viaxe na que repasan parte da literatura musical presente en cada unha das rexións do noso país. Todo isto acompañado dunha escenografía cómica, onde todo tipo de instrumentos de percusión serán os encargados de dar a entender a fermosa historia destes embaixadores do ritmo. Unha cita para toma a familia o sábado, 6 de agosto, na Praza da Casa da Torre ás 22.00 horas. O espectáculo forma parte do programa de verán da Concellaría de Cultura de Redondela, en colaboración coa Escola de Música de Chapela. Entrada de balde.  

Juan Collazo de Odaiko
Odaiko promete un concerto divertido para toda a familia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará