Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Redondela que cuadriplicaba o límite máximo de alcol

RR_Noticias

Os feitos tiveron lugar esta madrugada cando unha dotación policial que realizaba labores de prevención en Redondela observou un vehículo que circulaba facendo “eses” pola calzada. Cando se achegaron decatáronse de que o condutor atopábase baixo os efectos do alcol procedendo a realizarlle a proba da alcoholemia. O resultado confirmou que cuadriplicaba o permitido ao volante polo que se procedeu a súa detención. Trátase dun veciño de Redondela de cincuenta e tres anos ao que se lle imputa un delito contra a seguridade do tráfico.

Os feitos tiveron lugar esta madrugada, cando unha dotación policial que patrullaba pola zona centro de Redondela viu un vehículo que circula dando bandazos, polo que procederon a interceptalo para evitar que seguise pondo en risco a súa vida e a do resto de usuarios da vía.
Cando os axentes achéganse ao condutor para interesarse pola súa situación descubriron que presentaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos do alcol. Por todo iso solicitaron, a través da Sala do 091, a presenza dunha dotación policial para realizarlle un control de alcoholemia.
Unha vez finalizada a proba os axentes comprobaron que este home case cuadriplicaba o límite máximo permitido, polo que procederon á súa detención e posterior traslado a dependencias policiais. Xa en Comisaría consultáronse as bases de datos e comprobouse que o detido carecía de antecedentes policiais anteriores. O detido pasou a disposición do Xulgado de Instrución Número Dous de Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará