Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Difícil convivencia entre cans e bañistas nas praias de Cesantes e Chapela

RR_Noticias

A habilitación de dúas praias de cans en Redondela, unha nunha cala entre os dous pantaláns en fonte do paseo de Cardona en Chapela e outra no tramo da praia de Cesantes que vai dende o final do paseo ata a coñecida como baixada ao Asteleiro, ten provocado máis dunha queixa dende a súa posta en marcha. Así o recoñece o edil de Medio Ambiente, Miguel Ángel Álvarez Ballesteros quen confirma que se teñen recibido queixas no propio concello ou incluso denuncias na policía pola falta de civismo dos propietarios de animais que non recollen os excrementos ou non controlan as súas mascotas. Unhas queixas que se producen cando a piques está de inaugurarse o parque canino na zona de A Marisma.

Insiste o edil en que son poucos os propietarios de animais que se comportan con irresponsabilidade pero que son precisamente esas actitudes as que acaban en enfrontamento cos bañistas ou incluso en denuncias ante a policía. “A non recollida de excrementos ou non ter convenientemente controlado ao animal” son as queixas habituais do resto dos usuarios. Unha falta de convivencia que o edil lamenta “a posta en marcha destas praias para cans é unha experiencia piloto que foi aprobada en pleno e que nós confiamos en que funcione, pero que está dando problemas de convivencia entre bañistas aos que non lles gustan os animais e algúns propietarios que non respectan as normas de uso que rexen este espazo público”. Non contemplan dar marcha atrás na medida “prohibir novamente que os animais accedan a estas praias sería a última das opcións pero si facemos un chamamento á responsabilidade de todos para que a iniciativa funcione e continúe”. Unha difícil convivencia entre cans e bañistas que se coñece cando a piques está de abrirse o novo parque canino, primeiro no noso concello, que comezará a funcionar este mes de agosto. Restan tan só os últimos detalles para que este recinto, situado nunha parcela de 480 metros cadrados na Avenida Mendiño, abra as súas portas aos usuarios.  

Miguel Angel Alvarez Ballesteros edil Medio Ambiente
O arranque das praias para cans está a causar problemas de convivencia
Excrementos e molestias
Son as queixas máis repetidas
Parque canino
En tan só uns días inaugurarase o parque canino

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará