Hoxe é Martes 28 de Setembro de 2021
History
Stations
NOTHING FOUND!

As Marchas reclaman vivendas para atender a persoas sen ingresos e situacións de emerxencia

RR_Noticias

As Marchas da dignidade aplauden a existencia dun convenio coa Xunta de Galicia que facilite o acceso á vivenda para aquelas persoas que non poidan abonar máis de 300 euros de renta, máis insisten na necesidade de que o Concello conte cunha bolsa municipal de vivenda que facilite a ubicación de persoas sen ingresos ou en situación de emerxencia severa (desafiuzados, refuxiados, vítimas da violencia de xénero).

Ante a recente adhesión do concello de Redondela ao Programa de Vivendas Baleira da Xunta e a FEGAM co obxectivo de facilitar á cidadanía o acceso a vivenda, dende a Plataforma das Marchas da Dignidade de Redondela puntualizan que malia suponer unha mellora non atenderán a todas as persoas que precisan dunha vivenda e que se atopan en situación especialmente complexas.
Explican que este plan consiste na habilitación duns fondos públicos para fomentar o alugueiro ata os 300€ de renta. Estes fondos estarían pensados para ofertar garantías a posibles arrendadores ante posibles impagos por insolvencia ou desperfectos. “Isto, aínda que supoña un avance en cuestións de vivenda social, non permitirá que persoas sen ingresos e en situación de emerxencia severa (desafiuzados, refuxiados, vítimas de violencia de xénero…) poidan atopar unha solución temporal” polo que consideran que o concello tamén necesita dotarse de ferramentas propias para atender a esta situación.
Neste sentido apuntan que a solución sería que o concello xestione como propias o uso de vivendas e infraestruturas públicas ou privadas desocupadas e sexan destinadas a vivenda social con alugueres establecidos por la administración local e acordes ás situacións puntuais de cada familia.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *