Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Augas de Galicia paraliza a limpeza do Maceiras ata finais do verán

RR_Noticias

A actuación, encamiñada a retirar os sedimentos na canle no tramo urbano do río Maceiras co obxecto de “solucionar os danos provocados polas inundacións rexistradas en febreiro deste ano” foron paralizadas tan só tres días despois do seu inicio. A decisión de adiar estes traballos responde a que “o caudal do río impide acometelos nas condicións óptimas medioambientais”. Retomaranse previsiblemente a finais do verán cando se recupere o caudal.

Augas de Galicia, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, retomará os traballos de retirada de sedimentos do río Maceiras en canto as condicións de caudal o permitan. Así o anunciaron logo de paralizar a actuación tan só tres días despois de que as máquinas chegaran a zona de Vilavella alegando que o caudal de río impide acometelos nas condicións óptimas ambientais. “Por iso, e para garantir a seguridade ambiental, esperarase á máxima estiaxe -que permita á maquinaria traballar na canle- para retomar os traballos, o que se estima que poderá suceder a finais do verán”.
Con esta actuación, completaranse e concluiranse os traballos para solucionar os danos provocados polas inundacións rexistradas en febreiro deste ano. A actuación aprazada consiste na retirada de sedimentos retidos no tramo urbano encanelado comprendido entre a Avenida de Vigo e a canalización soterrada da calle Salgueiral (límite a partir do cal comeza o Dominio Publico Marítimo Terrestre).
Ata o momento, Augas de Galicia xa executou outras actuacións nos ríos Maceiras e o Rego de Negros desde febreiro, coa retirada de árbores caídas ou tombadas no Maceiras; e coa retirada de atascos por árbores, e a restitución da canle afectada no Rego de Negros. O Goberno galego investiu máis de 22.000 euros nestes traballos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará