Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Política lingüística homenaxea en Redondela ao escritor e avogado Xosé Luis Franco Grande

RR_Noticias

O Multiúsos da Xunqueira acolle o luns ás 17:00 horas un acto de homenaxe  a Xosé Luis Franco Grande coa participación do Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, o ensaísta, poeta e presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero e a catedrática da Universidade de Vigo, María Camiño Noia. Logo do acto no auditorio terá lugar o descubrimento dunha placa conmemorativa que recorde a figura deste ilustre escritor, autor do dicionario da lingua galega publicado en 1968, tan importante e decisivo para a galeguización de moitas xeracións de galegos e galegas.

Unha actividade da que participa a Biblioteca de Redondela ademais da Asociación Lois Peña Novo que ven de dar a coñecer os galardoado na que é a XXII edición dos galardóns deseñados para recoñecer o labor de normalización lingüística no eido das administración públicas, na vida institucional de Galicia e na sociedade en xeral. Nesta edición os premiados son Francisco Díaz-Fierros Viqueira, doutor en Farmacia e catedrático en Edafoloxía e Química da USC; Xosé Manuel Cid Fernández, doutor en Pedagoxía e profesor na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo; e o Concello de Brión, pola utilización ininterrompida desde 1979 do galego como lingua de uso normal no concello. O acto de entrega será o 30 de xuño de 2016, ás 19:30 h, no castelo de Soutomaior.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará