Hoxe é Martes 11 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O muro da igrexa de Santiago de Redondela, convertido en tendal polos peregrinos

muro

Foto: Jaci Rivera

As redes sociais fixéronse eco estes días da queixa dos veciños da zona que denuncian o uso indebido dun espazo público na contorna da igrexa de Santiago, ao advertir da utilización do muro perimetral do adro como lugar para tender roupa.
Segundo explican, no muro aparecen penduradas prendas de todo tipo, entre elas pantalóns, camisetas, roupa interior e outras pezas. Engaden que serían os peregrinos que pasan pola localidade os que están a empregar este espazo para secar a súa roupa durante o seu percorrido polo Camiño de Santiago.
A situación chama especialmente a atención pola localización do muro, integrado nun dos espazos históricos e patrimoniais máis recoñecibles de Redondela e situado nunha zona de paso habitual tanto para veciñanza como para peregrinos.
Un uso que desvirtúa a imaxe dun espazo patrimonial
A denuncia considera pouco apropiado empregar o muro do adro como tendedoiro, ao entender que esta práctica desvirtúa a imaxe do conxunto histórico e ofrece unha estampa pouco acorde coa relevancia patrimonial do lugar como é a igrexa de Santiago.
A denuncia pon tamén o foco no comportamento dalgúns peregrinos que estarían facendo un uso particular dun elemento público para atender necesidades propias da súa viaxe e busca chamar a atención sobre a necesidade de coidar e respectar os espazos públicos, especialmente aqueles que forman parte do patrimonio histórico e cultural da vila.
A situación foi trasladada tamén ao Concello co obxecto de coñecer se a normativa municipal vixente permite este comportamento ou, en caso contrario, que se estuden e adopten as medidas oportunas para preservar a imaxe e respecto que merece este enclave patrimonial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará