Hoxe é Venres 14 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reboreda afronta a súa fin de semana grande con música, tradición e reencontros

reboreda

O 15 de agosto é unha das datas con maior número de celebracións en toda Galicia. O calendario festivo alcanza estes días un dos seus momentos de maior intensidade, con festas patronais, verbenas, música e tradición repartidas por toda a comunidade. En Reboreda, as festas patronais de Santa María celebraranse desde hoxe e ata o domingo, día 16, con tres xornadas nas que se combinan os actos relixiosos coa música e as tradicionais verbenas.

A primeira gran xornada será este venres, festividade de Santa Ana. Ás sete e media da tarde celebrarase a misa na súa honra, acompañada polo grupo de gaitas O Carballo das Cen Polas de Reboreda. Pola noite, a verbena contará coa orquestra Magos e o grupo Ritmo.

Mañá sábado, día 15, será a xornada central. A misa maior, ás doce do mediodía, estará cantada pola coral da Sociedade Cultural e Recreativa de Reboreda e irá seguida da procesión, acompañada pola Banda de Música Cultural de Arcade. Ás oito da tarde haberá unha nova misa e, pola noite, a verbena estará amenizada pola orquestra Suavecito e o Trío 3.com.

Un programa amplo que supón tamén un importante esforzo económico para a comisión organizadora, especialmente nunha data na que se multiplican as celebracións e aumenta o custo das contratacións.

Raquel Iglesias, comisión de festas de Reboreda

Pero máis alá do esforzo organizativo e económico, as festas manteñen unha dimensión social que segue sendo fundamental para a veciñanza. Son días nos que regresan persoas que viven fóra e nos que familias e amigos aproveitan para reencontrarse.

E precisamente ese espírito de encontro será tamén protagonista o domingo, día 16, cando as festas pechen coa celebración de San Roque. Haberá misa ás nove e media da mañá e misa solemne ás doce, seguida da procesión coa Banda de Música Municipal de Redondela. Pola noite, a despedida correrá a cargo da orquestra Trébol e do grupo Master.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará