O 112 informa que o suceso ocorreu contra as 23:00 horas do día de onte. O aviso chegou a través dunha chamada dun particular quen indicou que un motorista sufrirá un accidente nunha rotonda na Avenida do Aeroporto. O persoal sanitario acudiu ata o punto pero non puideron facer nada por evitar o falecemento, do cal tivo confirmación o 112 Galicia nesta mañá.
Una saída de vía acontecida contra a medianoite de onte saldouse co falecemento do condutor dunha motocicleta, que perdeu a vida tras sufrir un aparatoso accidente. O sinistro mobilizou de inmediato aos operativos de emerxencias, malia que os profesionais desprazados no lugar nada puideron facer por salvarlle a vida.
A vítima mortal do accidente que circulaba en sentido saída da cidade nunha moto de 660 centímetros cúbicos. é un veciño de Redondela de 47 anos de idade.
A zona quedou balizada durante varias horas para facilitar as labores de insepección e a retirada do vehículo implicado.









