Hoxe é Mércores 9 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os afeccionados ao Fútbol Sala poderán ver os partidos da Terceira División por só 3 euros

prezos fs

Os dez equipos do sur de Galicia que participan na Terceira División Nacional de Fútbol Sala, entre os que se atopan o Redondela FS e o equipo da Sociedade Deportiva Pazos, acordaron manter unha política común de prezos para as entradas dos seus partidos de liga durante a próxima tempada. Segundo o convenio, os socios e socias do equipo local terán acceso gratuíto aos partidos. Tamén poderán entrar de balde os menores de 12 anos, mentres que o prezo para o público xeral queda fixado en 3 euros.

Ademais, cada equipo visitante contará con cinco invitacións gratuítas para cada encontro. O acordo contempla tamén a posibilidade de aplicar descontos especiais para socios dos equipos visitantes en determinados partidos. Estas promocións serán comunicadas con antelación polos clubs correspondentes.

O acordo, asinado polos clubs IES Coruxo, Redondela FS, Pecheches FS, S.D. Pazos FS, Marín Futsal, Alto do Vento, ADFS Bueu, Poio Pescamar, Sala Ourense e Carballiño FS, busca facilitar o acceso aos encontros e, ao mesmo tempo, fomentar un bo ambiente nas bancadas e a colaboración entre as entidades.

Os dez equipos pretenden coidar e facilitar o acceso da súa afección, especialmente das familias, e reforzar a colaboración entre os clubs que comparten competición.

O acordo supón así un novo paso para impulsar a asistencia aos pavillóns e contribuír a crear un ambiente de convivencia e respecto entre afeccións ao longo da tempada na Terceira División Nacional de Fútbol Sala.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

2 respostas

    1. Quedoume atrás, estaría ben ter páxina web onde comprar as entradas para todos os partidos, de fóra así poderiades crear abonos para fidelizar siareiros. Obviamente, sabendo aforo dos pavillóns, poderíades reservar entradas para venda en físico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará