Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Demasiado castigo para o Choco

RR_Noticias

Os erros do equipo redondelán permiten ao Zaragoza B marchar para terras aragonesas cunha renda de 1-2. Demasiada vantaxe logo do visto no terreo de xogo, onde os dous equipos estiveron moi igualados. O Choco ten por diante unha difícil remontada en Zaragoza, pero non imposible.

Choco 1-2 Zaragoza B Os de Marcos Montes teñen para o partido de volta un marcador máis adverso do merecido, e que ven dado pola falta de definición do Choco ante algunha ocasión clara. O partido estivo marcado pola igualdade, na primeira metade houbo vinte minutos para cada equipo, pero ningún gol subiu ao marcador. E iso que o Choco tivo ata tres ocasións con libres directos executados por Silva e Hugo sen perigo, e un bo disparo do dianteiro centro que sacou o porteiro visitante a córner. A segunda metade comezou cun Zaragoza máis esperto. Con todo, o primeiro gol visitante foi un agasallo do Choco logo de varios erros defensivos. Finalmente, a Cortegoso escorregoulle o balón das mans e Kilian só tivo que empurrar na área pequena. E malia que golpeou mal, o rexeite sobre o defensa fixo que o balón entrara. No minuto 50 subía ao marcador o 0-1. Foi entón cando o Choco volvía entrar no partido, e vinte minutos máis tarde poñía a igualada no marcador. Foi cun balón longo que controlou Silva, e logo de superar ao ao disparou cruzado para bater a Ratón. Quedaba un cuarto de hora e a entrada de Fernán daba máis profundidade ao Choco, que dominaba o encontro. E a un minuto do final chegaba a xogada que rompía o partido. Nun campo de Santa Mariña ateigado de público, un potente disparo de Pombo poñía o balón na escuadra e o 1-2 no marcador ao remata do tempo regulamentario. Xogadores e técnico do Choco amosábanse contrariados polo resultado, sobre todo foron os erros propios os que fixeron posible a vantaxe do Zaragoza. Con todo, advirten que malia que o resultado é moi complicado de remontar “non é imposible”. Choco: Cortegoso, Yago Váquez, Molinos, Suso, Gándara, Alberto (Xosé Ramón, min. 75), Comis (Fernán, min. 69), Fern, Hugo, Félix, Silva (Óscar Pérez, min. 68). Zaragoza Deportivo Aragón: Ratón, Valencia, Nieto, Guti, Crespo, Tarsi, Pablo, Jamelí (Guillermo, min. 80), Kilian (Buenacasa, min. 89), Xiscu (Pombo, min. 67), Barrera. Goles: 0-1, min. 51: Kilian; 1-1, min. 68: Silva; 1-2, min. 89: Pombo. Árbitro: Francisco Rivera García. Amosou cartón amarelo a Molinos, Gándara e Óscar Pérez polo Choco e a Valencia, Tarsi, Guti e Crespo, do Zaragoza B. Incidencias: Partido disputado en Santa Mariña ante uns 1.300 espectadores.

Alberto xogador do C.D.Choco
No club recoñecen que o resultado é moi complicado pero non imposible.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará