Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente lembra que é preciso contar cun permiso para organizar as fogueiras de San Xoán

RR_Noticias

As persoas que con motivo desta festividade teñan previsto a organización unha fogueira, xa sexa en terreo privado coma en terreo público, deben contar coa oportuna autorización do Concello que deberán solicitar como data límite o día 15 de xuño no rexistro xeral. Entre outros requisitos deberá contarse cun seguro de responsabilidade civil no caso de que as cacharelas sexan ubicadas en lugares públicos.

Asociación veciñais, colectivos sociais, centros culturais e persoas a nivel particular adoitan celebrar o San Xoán co acendido da tradicional fogueira. Unha cacharelas que non están exentas de cumprir unha serie de requisitos para contar coa pertinente autorización municipal. Así o lembran dende a Concellería de Medio Ambiente, que instan aos veciños a solicitar estas autorizacións no rexistro do concello ante do día 15 de xuño.
Os solicitantes deberán achegar unha póliza dun seguro de responsabilidade civil cunha cobertura mínima de 150.000 euros no caso de queima de fogueiras na vía ou lugares públicos.
A normativa establece ademais que os elementos da fogueira deberán estar colocados o día anterior á queima, para que, o Servizo de Emerxencias e Protección Civil do Concello poida levar a cabo a revisión e control desta.
O volume de material combustible non poderá superar os 8 metros de diámetro nin os 3 metros de altura e a separación entre as fogueiras e os edificios, árbores e demais obxectos que poidan resultar danados, será como mínimo de 12 metros. Ademais porase especial coidado de non situalas preto dunha zona forestal, nin baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, e ter conta de que nos arredores non haxan produtos inflamables.
Prohíbese a queima de rodas, aerosoles, plásticos, aceites, e, en xeral, calquera substancia que poida desprender fumes tóxicos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará