Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG propón recuperar o mercado de gando para dinamizar as feiras

RR_Noticias

Presenta unha moción solicitando o apoio de todos os grupos para reclamar á Xunta que o mercado de gando volva celebrarse en Redondela, unha feira que deixou de ter lugar anos atrás logo de que se decretase que o lugar non cumpría cos requisitos precisos para o seu desenvolvemento. Os nacionalistas entenden que recuperar este mercado podería incrementar a actividade económica relacionada co sector agrogandeiro da comarca e converterse nun recurso máis para facilitar a venda de produtos de primeira calidade.

Lembran dende o BNG que a Feira de Redondela serviu durante décadas para fomentar a venda de produtos de carácter local de pequena escala. Xunto ao texil, os produtos agroalimentarios ou de maquinaria e apeiros agrícola, a venda de animais para o consumo humano forneceron de materia prima esta Feira. Pequenos produtores dos arredores achegábanse á Vila, cada quince días constituíndo un importante recurso para moitas familias das parroquias e de concellos veciños.
A feira, converteuse nun motor de pulo e desenvolvemento da Vila de Redondela. Moitos dos produtores, potenciais compradores, ou visitantes, aproveitaban para realizar diferentes xestións administrativas, compra nos establecementos locais, etc.
Hai anos que se rematou coa feira de gando en Redondela. A Xunta de Galicia decidiu clausurala sen que ata o día de hoxe, se tomara ningún tipo de medida para recuperala. Explican os nacionalistas que o seu partido presentou diversas iniciativas aos orzamentos da Xunta para que se dotara dunha partida específica de 300.000 euros para a mellora da infraestrutura da Feira do Gando pero que foron rexeitadas polo PP.
A recuperación da Feira do Gando de Redondela podería converterse nun recurso máis para facilitar a venda de produtos de primeira calidade. Deste xeito o sector agrogandeiro da bisbarra permitiría o desenvolvemento dunha actividade a pequena escala, motivo polo que solicitan ao pleno da corporación o seu apoio para instar á Xunta a que recupere esta actividade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará