Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A VI Batalla de Rande porá a proba a resistencia de 60 nadadores

RR_Noticias

A travesía a nado entre as Illas Cíes e San Simón que se celebrará o vindeiro 25 de xuño volverá poñer a proba a resistencia dos 60 participantes que está previsto se inscriban nesta VI edición. En total 27 quilómetros de dura travesía que suporá para os nadadores entre 6 a 9 horas de permanencia nas frías augas da enseada. Está confirmada a presenza de atletas especialistas neste tipo de probas como Mikel Juñer e Jorge Crivillé. O concelleiro de deportes, Julio Mougán destaca a relevancia deste tipo de eventos deportivos para promocionar o noso concello.

O responsable da organización, Aitor de Luís González, salientaba na presentación da proba que a travesía está crecendo e ten xa unha relevancia importante “sobre todo en Levante, Cataluña e Canarias” e lamenta pola contra que sega a ser descoñecida en boa parte de Galicia. Neste sentido apuntaba que entre os xa inscritos hai unha gran cantidade de deportistas que veñen de fóra, desprazándose centos de kilómetros para poder competir nesta batalla de Rande, pola contra de Galicia hai tan só catro atletas. En todo caso, atletas todos eles de gran calidade e resistencia, porque se trata dunha proba especialmente dura polas súas características: 27 kilómetros nunhas augas especialmente frías “o longo percorrido e as hipotermia pasa factura en moitos casos aos nadadores”. A data de celebración, o día 25 de xuño, elixiuse precisamente para facilitar que todos os participantes poidan rematar a proba “xa que nese día as mareas non irán en contra dos participantes”. Julio Mougán, concelleiro de deportes sinalou que esta proba ten un gran valor e se converte xa nun referente deportivo. A proba desenvolverase desde o nove da mañá. Hai establecido un período máximo de dez horas para cubrir todo o percorrido. Calcúlase que os primeiros cheguen á illa de San Simón tras nadar durante pouco máis de seis horas. Os organizadores contan cun gran número de barcos de apoio, entre eles un dotado de servizo médico, e tamén embarcacións a remo. Serán corenta voluntarios os que estarán despregados ese día.  

Aitor de Luís organizador da Batalla de Rande
Fala da dureza da proba
60 participantes
Algúns nomes coñecidos e moitos valentes que se enfrontarán a esta dura travesía
Buscar mareas a favor
Por iso se elixiu o 25 de xuño
Julio Mougán concelleiro de Deportes
Un referente no calendario deportivo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará