Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela solicita que se amplíe o dique de Arealonga para mellorar a rexeneración da praia

RR_Noticias

A asociación de veciños entende que o dique construído hai un ano permitiu recuperar parte da area perdida, motivo polo que reclaman ao Concello, Xunta e Autoridade Portuaria que se amplíe a actuación nas canles dos ríos Maceiras e Pugariño para recuperar totalmente ” a rea que perdeu esta praia polas agresivas actuacións que dende hai anos se fixeron na zona”.

A presidenta da asociación de veciños Anxeles Méndez lembra que o recheo e construción dun muro nun tramo da praia no ano 2007 provocou a perda da area na praia de Chapela “que en pouco tempo chegou perder máis de 10 metros de altura convertendo Arealonga nun pedregal, quedando ao descuberto pedras e restos de obras achegadas ata a praia polo arrastre dos ríos situados nas marxes da praia”. Unha situación que mellorou coa construción o pasado ano dun dique que “tan só un ano despois deixa ver resultados positivos como xa prognosticaban os mariñeiros da zona, que apuntaba a esta actuación como única solución para que a praia deixara de perder area”. Con todo, dende a asociación de veciños entenden que a situación do areal pode aínda mellorar no caso de que se realicen diques semellantes nos seus extremos, é dicir, ampliando con dous diques nos muros de canalización dos ríos Maceiras e Pugariño que desembocan na zona”. O colectivo veciñal presentou xa esta demanda á Alcaldía de Redondela, á Autoridade Portuaria de Vigo e á Xunta.  

Anxeles Méndez AVV Chapela
Unha praia afectada por moitos recheos
Dique contruído hai un ano
os seus efectos positivos xa se deixan ver
Chamanento ás institucións
Trasladouse a petición á Xunta Concello e Autoridade portuaria

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará