Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla informativa sobre as pragas de Vespa asiática e o picudo vermello

RR_Noticias

Redondela organiza o próximo martes 3 de maio as 20:00 horas no multiusos da Xunqueira, una charla informativa dirixida a profesionais e público en xeral sobre as actuacións a levar a cabo para a identificaciónm e o control das pragas de vespa asiatica (Vespa velutina nigrithorax) e o picudo vermello (Rhynchophorus ferrugineus). No coloquio intervirá persoal especializado no control de pragas e se darán as pautas necesarias para a súa identificación así como as medidas de control pertinentes para atallar da maneira máis axeitada estes ataques.

Coa chegada da primavera compre extremar as precaucións dado que as raiñas de Vespa velutina inician a construcción dos seus niños. Saber identificar unhas especies de outras e primordial para non eliminar por equivocación especies autóctonas.
O picudo vermello é una praga que afecta fundamentalmente a palmeiras do xénero Phoenix, especialmente a palmera canaria e palmera datilera, esta praga pode chegar a ser moi virulenta polo que é fundamental a colaboración veciñal eliminando as palmeiras afectadas sen posibilidade de recuperación para evitar a súa propagación.
No coloquio explicarase que é a vespa asiatica (Vespa velutina nigrithorax) e o picudo vermello (Rhynchophorus ferrugineus) e darase resposta a preguntas habituais sobre como recoñecer os niños de velutina, que perigo supón para as persoas e aprenderase a diferenciar esta vestas doutras especies.
Falarase tamén dos primeiros síntomas que presentan as palmeiras atacadas polo picudo vermello e que facer canto detectamos unha palmeira afectada.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará