Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reclaman un aumento de persoal na Policía Local para garantir a seguridade de axentes e veciños

RR_Noticias

A sección sindical da CIG critica á pasividade do goberno local e do responsable de seguridade á hora de abordar esta situación “reunímonos en numerosas ocasións informando das deficiencias do servizo de policía sen ter ningún tipo de resposta”. Alertan do risco tanto para os axentes como para os veciños “por non poder responder ás chamadas de emerxencia coa celeridade requirida en moitos dos casos ou facelo con pouco apoio de persoal e medios”.

A Sección Sindical da CIG denuncia a situación na que se atopa actualmente o Corpo de Policía Local que está traballando “sen efectivos, material nin respaldo do equipo de goberno”. O delegado sindical Borja Rodríguez explica que “tras varios intentos de negociación co Concelleiro delegado de Seguridade informándolle das deficiencias do servizo da Policía e sen ter ningún tipo de resposta decidimos facer pública a nosa situación para que os veciños saiban da pasividade por parte dos políticos en cuestións tan importantes como a Seguridade Pública”. Unha falta de persoal que segundo denuncia Rodríguez fai que sexa imposible en moitas ocasións chegar a todas as incidencias ou facelo coa rapidez que as intervencións requiren “dos 30 membros que integran o cadro de persoa están na rúa 14 efectivos, o que supón en moitas ocasións que 2 policías presten servizo para todo o termo municipal”. Ademais de por en xogo a seguridade cidadá dende esta sección sindical denuncian tamén o risco ao que están expostos os policías acudindo a pelexas, accidentes, botellóns, cuestións de violencia de xénero ou roubos sen apoio de máis persoal e sen material policial adecuado e suficiente para realizar a súa labor “contando con 7 talkies para todos, 6 chalecos antibalas, sen acceso á aplicación web de tráfico, etilómetro etc…, ademais de non ter equipos informáticos para realizar as función de xestión, sen contar con que xa fai máis dun ano que non contan con vestimenta nin calzado de reposición”. Aseguran dende a CIG que se lles facilitou varias alternativas para solucionar o problema “dende a contratación de novas prazas de policía, ata reforzos  etc…ó que non accederon , centrándose soamente na contratación de auxiliares de policía como todos os anos, que soamente cobren 4 meses e non poden realizar as mesmas función”. Salientan tamén que “malia solicitarse reforzo os fines de semana e vésperas de festivo pola problemática de locais nocturnos e aglomeracións de xente fan caso omiso e sen embargo sempre se reforza para actos relixiosos ou institucionais”.  

Borja Rodríguez CIG
Denuncia os problemas de falta de persoal do servizo da policía local
Material non axeitado
Carencias en persoal e medios
Falta de resposta do goberno
Aseguran que o goberno local fai caso omiso ás súas demandas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará