Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

José Angel Egido: “O cine Fantasio foi o meu paraíso particular”

RR_Noticias

O Festival Redondela en Curto arrancaba na xornada de onte cunha homenaxe ao actor José Angel Egido e a proxección das primeiras curtametraxes a concurso que se poderán ver novamente durante os pases que se emitirán de xeito continuado no Multiusos da Xunqueira ata o vindeiro domingo. Unha gala na que non faltou o humor a cargo do actor Carlos Blanco. Hoxe haberá proxección ás 18:00,19:00, 20:00 e 21:30 e suspéndese a sesión golfa na Discotasca logo de que o Concello trasladase ao director do festival que “o local non reúne as condicións precisas para celebrar este tipo de eventos”.

O actor José Angel Egido recibía onte na súa vila natal unha homenaxe na que se lembrou a súa traxectoria profesional con participacións tan salientables como Los lunes al sol de Fernando León de Aranoa, El amor perjudica seriamente la salud, Cuando vuelvas a mi lado, Abre los ojos, La noche del hermano e Elsa y Fred, entre outras. Un oficio o de actor que coñeceu dende os seus anos de infancia na sla de proxeccións do Cine Fantasio, unha das tres salas que funcionaban hai décadas en Redondela xunto cos cines Figueiral e Coca e que Egido rememoraba na noite de onte. Non dubidaba ademais en lembrar o seu desexo naqueles anos mozos, desexo que xa non poderá cumprirse, “que unha das miñas películas se proxectase nese cine”. Un acto de inauguración conducido co humor de Carlos Blanco, quen falaba de Redondela como unha vila de cine “porque cos seus trens voando polo ceo sobre os viadutos lembra a Blade Runner” e tamén porque hai moitas historias aínda por contar e que darían para máis dunha curtametraxe. Unha primeira sesión na que se proxectaron catro das 16 curtametraxes a concurso nun festival que celebra a súa decimo segunda edición “medrando e acollendo as mellores curtas feitas no último ano” en palabras do concelleiro de Cultura Xabier Alonso quen animaba ao público achegarse ao Multiúsos na tarde de hoxe e nos vindeiros días nos que o cine será o gran protagonista. Xornadas nas que ademais das curtas a concurso poderemos visionar cine galego, os traballos máis breves dos recibidos na sección curtísimas e o documental Memoria dun pobo, protagonizado polos veciños de Cesantes nunha cinta que se poderá ver o domingo ás 12:00 horas na Illa de San Simón.  

José Angel Egido actor
A súa paixón polo cine naceu na Sala Fantasio
Un oficio nacido na sala de proxeccións
Non esquece Egido a súa infancia en Redondela
Carlos Blanco actor e presentador
Mestre da cerimonia inaugural
Xabier Alonso concelleiro de Cultura
Unha cita que vai medrando
Fernando Carreira "Cuchi" director do festival
Un programa que se prolongará durante toda a fin de semana

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará