Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Maxia e humor no Celtic Luada co Mago Noel e o Mago Jose

RR_Noticias

O local redondelán celebra durante este mes a III edición das Xornadas Máxicas, con espectáculos orientados ao público adulto nos que a maxia de proximidade é a protagonista. Este venres día 22 a actuación correrá a cargo do Mago Noel e o venres 29 pechará o ciclo o Mago Jose. As actuacións arrancan na media noite e a entrada é de balde.

O Mago Noel será o encargado de conducir o espectáculo deste venres cun número de maxia de proximidade “no que probablemente inclúa tamén algún número de malabares, xa que se trata dun mago con preparación circense” explican dende a organización. O encargado de pechar esta terceira edición será o redondelán Mago Jose, especializado na maxia con cartas. Unhas xornadas que se desenvolven a partir da media noite e ás que están convidade os veciños a achegarse para “deixarse sorprender e vivir unha noite máxica”.  

Mago Jose III Xornadas
Actuación do Mago Noel o venres 22
Deixarse sorprender
Anima aos veciños a achegarse a estas xornadas na media noite

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará