Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alternativa veciñal de Pazos critica o investimento de 470.000€ no Campo de fútbol de Nespereira

RR_Noticias

Alternativa Veciñal valora positivamente o deporte de base e entende que para a U. D. Nespereira o céspede artificial sería unha mellora importante e permitiríalle a este equipo xogar nunhas instalacións moito mellores. Con todo, consideran un despropósito o investimento previsto e que ascende a 470.000 € e convocan aos veciños a unha asemblea este sábado día 23 ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Nespereira para abordar esta cuestión.

Entenden que non se trata dun gasto prioritario ademais de supoñer un impacto moi grande nas contas municipais, xa que a cantidade necesaria para dotar estas instalacións de céspede artificial supón “unha cantidade superior ao 20 % do total de ingresos do concello no ano 2015 e significaría, ademais, ter que endebedarse por un importe de 170.000 €” segundo explica o voceiro da formación política, Luciano Otero.
Engaden que non é lóxico abordar esta actuación cando habería outras máis urxentes “nun concello no que moitos domicilios carecen de servizos elementais, como é o saneamento ou no que outros servizos básicos préstanse nunhas condicións moi deficientes, como a recollida de lixo, que se realiza cun camión de recollida obsoleto que ten uns custes de mantemento elevadísimos”.
Para dar conta desta situación e para recoller o parecer dos veciños e veciñas, a Agrupación de Electores Alternativa Veciñal convoca unha Asemblea aberta o vindeiro sábado 23 de abril ás 21 h na Casa Cultural de Nespereira.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará