Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxe a Antón, xogador benxamín do RedondelaFS e campión de España

RR_Noticias

O xogador Antón Pérez Rodríguez pertencente ao equipo Benxamín A do Club Redondela Fútbol Sala, foi o protagonista na xornada de onte dunha homenaxe en recoñecemento pola súa actuación como porteiro no equipo galego que ven de proclamarse campión de España de seleccións autonómicas. Uns logros deportivos que para o adestrador do equipo de Redondela Daniel Alonso e o concelleiro de deportes, Julio Mougán responden ao traballo particular do xogador pero son tamén un recoñecemento á aposta que dende o club se fai polas categorías base e polo traballo cos máis pequenos e ao esforzo de pais e nais.

O porteiro redondelán, Antón Pérez é un habitual dos adestramentos e concentracións de fin de semana da Selección Galega, e grazas ao seu bo xogo baixo os paus gañouse tamén un posto entre os 12 privilexiados que defenderon a nosa Comunidade no Campionato Nacional disputado en marzo en Murcia. Unha preselección que é xa de por si todo un logro máis que salientable polo nivel e elevado número de xogadores que compiten na categoría benxamín, en palabras de Julio Mougán, concelleiro de deportes. O equipo galego venceu en semifinais ao Madrid por 5-1, chegando así á final disputada ante Asturias. unha final trepidante na que ambos os equipos dispuxeron de claras ocasións e na que Galicia logrou imporse cun axustado 5-3. Antón foi peza crave no transcurso deste campionato sendo un dos xogadores que gozou de máis minutos e  mantendo a recado a súa portaría nos momentos máis complicados da competición. Un mozo aínda moi novo que amosaba a súa timidez na recepción que onte lle brindaban no concello de Redondela. O seu adestrador era o que collía a palabra para lembrar a importante labor de pais e nais que coa súa dedicación fan tamén posible que as categorías inferiores segan enchéndose de xogadores.  

Julio Mougán concelleiro de Deportes
Amosa a súa satisfacción polos logros do xogador
Daniel Alonso adestrador
Agradecementos a pais e nais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará