Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños de Chapela alertan do perigo de derrube do camiño dos Cipreses

RR_Noticias

A asociación de veciños denuncia que un tramo do camiño xa se viu afectado polo derrube pero que a sitaución podería empeorar polo estado no que se atopa un piñeiro de grandes dimensións e que ameaza con virse abaixo, levando consigo parte do camiño e precipitándose sobre as vivendas próximas. O veciños critican a pasividade do concello neste asunto “xa que o deterioro que presenta este camiño foi posto en coñecemento do goberno local hai xa un ano sen que se fixera nada para arranxalo”.

Asegura a presidenta do colectivo veciñal, Anxeles Méndez, que este vial peonil é “un atallo moi empregado polos veciños que dende o Camiño da Formiga queren achegarse ao instituto, a Igrexa, ao cemiterio ou o centro de saúde” na vez de dar un rodeo importante. Con todo, o mal estado no que se atopa: sen iluminación, cheo de maleza e actualmente xa con risco de desprendemento, o mantén practicamente fóra de uso ante o perigo que supón para a seguridade dos veciños transitar polo lugar. Lembran dende a Asociación de Veciños que hai un ano presentaron unha queixa no concello reclamando unha actuación que mellorarse o carreiro. Malia todo, un ano despois a situación lonxe de mellorar foi empeorando “ao non realizar o concello ningún tipo de actuación” tal e como así llo demandaban tanto os seus usuarios como o propio colectivo veciñal. Unha situación que podería agravarse polo perigo de desprendemento que presenta un piñeiro de grandes dimensións que ameaza con desprenderse na súa totalidade co risco considerable de caída enriba das casas colindantes e dos veciños. “O concello ten coñecemento deste asunto xa que se falou en reiteradas ocasións aínda sen resposta pola parte dos membros desta alcaldía” conclúe Méndez.  

Anxeles Méndez AVV Chapela
Un camiño en risco de derrube
Un atallo moi empregado
Evita ter que dar un rodeo
Un piñeiro que ameaza con caer
A árbore pdoería virse enriba das vivendas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará