Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela rende homenaxe a Telmo Bernárdez como persoeiro do ano

RR_Noticias

O Concello de Redondela inicia mañá os actos conmemorativos do ano dedicado a Télmo Bernárdez cunha homenaxe que arrancará ás 18:00 horas no Cemiterio dos Eidos onde terá lugar unha ofrenda floral. A continuación procederase ao descubrimento dunha placa conmemorativa no casa na que viviu e ás sete terá lugar a inauguración da exposición en torno á súa vida no Multiúsos da Xunqueira.

O ano 2015 dedÍcaselle ao que fora alcalde de Redondela, Telmo Bernárdez e inclúe un programa de actos que arrancan na tarde de mañá xoves.
Unha distinción aprobada en pleno e que partiu da Asociación Alejandro Otero quen propuxeron a Bernárdez polos seus méritos profesionais e políticos. Así no ámbito laboral destacan que chegou a ser Secretario e Vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos da provincia de Pontevedra. ademais de inspector municipal de sanidade.  Tamén principal impulsor do Xornal local “La Opinión” e o Xornal Provincial “El País”. No eido político xogou un papel importante, sendo alcalde da nosa Vila en 1923. Telmo era de ideas Republicanas e moi afín o movemento Galeguista, foi ademais un dos impulsores do acordo da Federación República Galega así como candidato na conxunción Republicano Socialista Agraria en 1931 da que foi membro do comité electoral e participou como orador en diversos actos a favor do Estatuto. Un compromiso político que o levaría a ser apresado e encarcerado en Vigo, a Illa de San Simón e Pontevedra logo do golpe de estado do 36. Sometido a xuízo sumarísimo, foi condenado a morte, sendo fusilado o 12 de novembro na estrada de Campañó.
Un recoñecemento o de Persoeiro do Ano que nacía co obxectivo de dar a coñecer entre os veciños a aqueles redondeláns ilustres que malia os seus méritos en diferentes campos eran descoñecidos entre os seus conveciños. Logo de tres anos onde este recoñecemento recaeu sobre Casto Sampedro no 2012, Alejandro Otero no 2013 e Rita Otero Fernández no 2014, este ano os actos xirarán en torno a figura de Telmo Bernárdez de quen ademais se cumpren 125 anos do seu nacemento.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará