Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Iván Martínez: “A necesidade de alimentos practicamente duplicouse no último ano”

RR_Noticias

O Coordinador da campaña de recollida que o Banco de Alimentos celebra os días 27 e 28 deste mes de novembro nun total de 132 supermercados de todo o sur da provincia, insiste en que a solidariedade é máis necesaria ca nunca xa que lonxe de mellorar a situación empeorou en moitos fogares. Neste sentido apunta que no 2014 repartían ao redor de 60.000 kilos de alimentos mensualmente, cantidade que neste ano incrementouse ata chegar aos cen mil quilos cada mes. En Redondlea os que queiran colaborar poderán facer as sáus doazóns nos dous Froiz de Chapela.

Unha campaña de recollida de alimentos non perecedoiros que se desenvolverá nun total de 132 supermercados de toda a provincia, principalmente en Vigo e con recollida tamén en Redondela, concretamente nos supermercados Froiz de Chapela. O obxectivo é “igualar ou incluso mellorar a cifra da anterior edición na que se bateron todos os récords con 265.000 kilos de alimentos”. Leite, azucre, garavanzos, conservas, cacao… kilos e kilos de solidariedade que o Banco de alimentos fai chegar ás entidades e ONGs coas que colaboran e que son as encargadas de distribuír e facer chegar esa comida aos particulares que así o precisan “máis de 25.000 persoas que necesitan desa axuda para sobrevivir”. Esta terceira campaña que terá lugar a finais de mes precisa da colaboración de 1500 voluntarios para o seu bo desenvolvemento “polo de agora temos confirmada a presenza de 800 persoas que permitirán que a recollida sexa un éxito pero necesitamos duplicar esa cifra”. Iván Martínez fai un chamamento a que todo o que desexa se achegue a esta Fundación para botar unha man o venres 27 e o sábado 28.  

Iván Martínez Banco de Alimentos
No último ano incrementouse o número de persoas que necesitan alimentos
Dous supermercados en Chapela
O obxectivo e repetir o éxito da edición anterior
1.500 voluntarios
Necesítase a colaboración de 1500 persoas para organizar a gran recollida

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará