Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Participación Cidadá reparte 22.000 euros entre as asociacións veciñais para actividades

RR_Noticias

A concellería de Participación Cidadá resolveu as axudas dirixidas ás asociacións veciñais, sociais e culturais de Redondela, dirixidas á realización de actividades para este ano 2.015. Trátase de cursos que engloban temáticas diferentes, desde o baile de salón ata os clases de inglés, pasando polo Ioga ou as clases de cociña.

Estas subvencións van destinadas a apoiar as iniciativas das asociacións á hora de desenvolver actividades culturais e deportivas nos distintos colectivos que representan. Con estas actividades as asociacións poñen a disposición dos veciños actividades variadas na maioría dos casos nas parroquias, o que facilita o desenvolvemento de actividades de ocio por parte dos veciños e veciñas de todas as idades sen ter que desprazarse ao casco urbano. As actividades engloban a un amplo abano de idades e áreas que fan que resulten interesantes para todas as idades. Entre as que ofertan están Baile de salón, Obradoiros de Música, Ioga, Pilates, Inglés, Cociña ou Pintura. O importe destinado polo Concello a estas axudas ascende a 22.000 euros que foron repartidos entre 13 asociacións, que deberán xustificar o gasto no prazo de 20 días dende a data da finalización da actividade subvencionada.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará