Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un convenio coa Consellería de Medio Ambiente permitirá ampliar o paseo do río Maceiras

RR_Noticias

O tramo a carón do río entre Fortóns e Ameal, en Vilavella, contará cunha nova senda de máis de 500 metros que dará continuidade ao paseo actual. As obras, que suporán unha mellora integral da zona, teñen un prazo de execución de tres meses e estarán rematadas este mesmo ano.

Para rexenerar e poñer en valor esta zona levaranse a cabo traballos de limpeza, de roza selectiva, e de retirada de lixo tanto nas beiras do río como no leito fluvial. A conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, asinou esta mañá o acordo xunto co alcalde , Javier Bas. As obras supoñen un investimento de 40.000 euros, que servirá para poñer en valor unha zona “actualmente degradada pola acumulación de residuos e pola presión urbanística”. Para o alcalde redondelán “é unha moi boa nova”, xa que permite continuar a senda e crear “un novo espazo público de lecer” para veciños e visitantes, logo da boa acollida que tivo o primeiro tramo do paseo. O rexedor quixo agradecer tamén a colaboración dos veciños, que facilitaron os accesos para a realización dos traballos. Vázquez tamén sinalou que o paseo “mellora a mobilidade dos veciños desta zona de Redondela ao facilitarlles o acceso ao núcleo urbano”. A conselleira explicou, sobre este aspecto, que a senda do río Maceiras favorecerá os desprazamentos a pé e redundará en maior seguridade para os peóns. O acordo asinado hoxe implica tamén a execución dunha ponte de 6,5 metros, a construción de muros de contención naqueles puntos nos que sexa necesario e a colocación de tubos de drenaxe que facilitarán a evacuación da auga. Ademais, está previsto a instalación de paneis informativos co obxectivo de dar a coñecer os valores naturais e ecolóxicos que posúe este espazo, co obxectivo de acadar que esta sexa unha área de aproveitamento e lecer para veciños e turistas.    

Javier Bas alcalde
O rexedor sinala que se trata dunha moi boa nova para Redondela
Un novo espazo de lecer
Bas agradece a colaboración dos veciños que gañarán un novo espazo público de lecer.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará