Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Swing e zanfona contemporánea nos concertos da Praza da Casa da Torre

RR_Noticias

Esta noite de venres e mañá sábado a Praza da Casa da Torre acolle dous interesantes concertos. Hoxe coa formación de swing-jazz David Regueiro Swingtet, e mañá con Germán Díaz e o seu Método Cardiofónico. Nos dous casos ás 22.00 horas e con acceso libre.

A primeira cita, co guitarrista vigués David Regueiro, que na actualidade lidera a formación David Regueiro Swingtet co que vén de presentar o seu segundo álbum Bird Lives!. Este é un proxecto enraizado na tradición do Hot Club de Francia e na linguaxe de Django Reinhardt. As críticas son unánimes ao cualificar a súa música coma un swing con estilo propio, divertido e cunha banda “de enorme calidade instrumental”. Mañá sábado será a quenda do valisoletano Germán Díaz, o único zanfonista do estado que pertenceu á mítica Viellistic Orchestra, orquestra de zanfonas asentada en Francia cos mellores instrumentistas do mundo. O espectáculo que presenta en Redondela está baseado nos ritmos dos latidos do corazón, cos que crea un universo sonoro único cos instrumentos mecánicos que utiliza e que len os cartóns perforados nos que Díaz escribe as melodías. Un concerto “sorprendente”, segundo o concelleiro de Cultura, Xabier Alonso, que non deixará a ninguén indiferente.    

Xabier Alonso concelleiro de Cultura
Alonso afirma que o concerto de Germán Díaz será sorprendente para o público.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará