Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior denuncia o abandono do camiño de Santiago ao seu paso polo municipio

RR_Noticias

O grupo municipal do BNG lamenta o abandono “do potencial económico” que para o Concello de Soutomaior supón o camiño de Santiago. Os nacionalistas criticaron a escasa sinalización do camiño así como a falta de iniciativas por parte do goberno local para unha ruta xacobea pola que transitan cada ano 40.000 peregrinos.

O portavoz municipal, Manuel Lourenzo, critica que o goberno local non adopte medidas para que o Camiño Portugués teña unha repercusión positiva “nos negocios dos veciños de Soutomaior”. Desde o grupo nacionalista critican o estado do camiño, “a ausencia de sinalización e mesmo que nin sequera exista unha oficina de turismo” neste treito. Lourenzo aposta por un plan estratéxico para o camiño ao seu paso por Arcade, “que dende o Concello se traballe para que Arcade sexa unha parada de referencia no camiño, para que os peregrinos descansen e consuman no noso comercio”. Demandan máis información para os peregrinos, e que se poña a disposición dos camiñantes todo o potencial turístico e paisaxístico da zona.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará