Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Á Praia de Cesantes en bus

RR_Noticias

Buscar aparcamento é, ás máis das veces, una gran odisea na praia da Punta en Cesantes. Unha búsqueda da que podemos prescindir se empregamos o servizo de autobús que permite achegármonos a este areal tanto dende o Centro de Redondela como dende Cedeira ou Vilar de Infesta. O billete ten un prezo de 1,50 euros, custe que se reduce para os usuarios da tarxeta do transporte metropolitano a 0,85.

En horario de mañá haberá saídas dende a rotonda da Farola con parada na Praza de Santiago ás 11:00 e as 13:00 horas. Pola tarde haberá autobús ás 15:45 dende Cedeira, con paradas en Redondela na rotonda da Farola e na Praza de Santiago, saíndo ás 16:00 horas cara á praia. Tamén as catro partirá una autobús dende Vilar de Infesta, con paradas en Redondela na rotonda da Farola e na Praza de Santiago, saíndo ás 16:30 horas.
Os horarios para o regreso son ás 11:15 e 13:15 horas ata Redondela en horario de mañá, Xa pola tarde o primeiro autobús en facer a viaxe de volta será ás 19:00 horas ata Cedeira, con paradas en Redondela na Praza de Santiago e na rotonda da Farola.
Outro autobús sairá ás 20:20 horas en dirección Vilar de Infesta, con paradas tamén en Redondela na Praza de Santiago e na rotonda da Farola.
O prezo do billete é de 1,50 euros con rebaixas para os usuarios con tarxeta do transporte metropolitano que só terán que pagar 85 céntimos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará