Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Raquel Quintáns asegura que Redondela Pode “está secuestrada por tres persoas”

RR_Noticias

Quintáns anunciou hai unha semana que se daba de baixa da formación pero que permanecería como concelleira non adscrita deixando sen representación a Redondela Pode. Nega as acusacións de transfuguismo e asegura que os únicos motivos que a levaron a tomar esta decisión, xunto con outras sete persoas pertencentes á lista electoral Redondela Pode, “é seguir traballando en favor dos nosos votantes e coa filosofía que nos uniu, algo que non era posible ao estar o partido seucestrado por tres persoas”. A edil negou ademais que calquera formación allea estea detrás da súa decisión.

Arroupada por outros membros tamén dados de baixa de Redondela Pode, Quintáns asegurou que a súa decisión responde a que “o partido se encontra secuestrado por 3 persoas queostentan cargos como o tesoureiro e o presidente do acta fundacional e o responsable de redes sociais, persoas que funcionaban como non asemblearios, antidemocráticos e manipuladores chegando mesmo a denunciar a un compañeiro por vía penal e baseando a sua denuncia en mentiras só polo mero feito de facer dano e recurrindo a manipulación de actas de asambleas”.Engade que ante dita situación a única saída posible era darse de baixa e seguir traballando pertencendo a Podemos. Finalmente quixo deixar claro que en ningún momento ningunha formación política allea a eles tivo que ver na súa decisión e ratificou que “Raquel Quintáns pasa a ser unha concelleira non adscrita, non mantén ningunha relación política de amiguismo co PP nin con AER, nin con ningunha outra forza política representada no Concello redondelán”. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará