Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Novos servizos e menos persoal agravan os atrasos no reparto de Correos

RR_Noticias

Logo de reducirse os cadros de persoal no servizo as demoras no reparto incrementáronse. Dende Comisión Obreiras o responsable provincial de Correos Eusebio Cousillas asegura que nos últimos anos perdéronse catro postos de traballo fixos na oficina de Redondela “o que se traduce en que Correos non estea a facer o reparto diario ao que está obrigado”. Unha situación que se agravará en agosto “mes no que o 40% do persoal colle vacacións sen que exista previsión para contratar persoal de substitución”.

Explica Cousillas que aínda máis grave é que non se cubran baixas prolongadas ou persoal que reduce o seu horario laboral “o que obriga ao resto dos compañeiros a asumir a súa carga de traballo”. Engade que malia ser certo que se reduciu notablemente o correo ordinario que no pasado atendía Correos, asumíronse pola contra outros servizos que requiren moita atención por parte do repartidor. Pon como exemplo que en Redondela funcione o servizo deseñado por Correos para transportar as mochilas e maletas dos peregrinos que fan o Camiño de Santiago ou o incremento notable da paquetería on line “aplaudimos que a empresa diversifique os servizos pero entendemos que hai que contar con persoal suficiente para que estes funcionen” conclúe Cousillas.  

Eusebio Cousillas CC.OO. Correos
Reducción de persoal
Novos servizos
Atención aos peregrinos
Argumentos da empresa
Menos correo ordinario pero sí máis paquetería de venta on-line

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará