Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Jiu Jitsu brasileiro faise un oco en Redondela

RR_Noticias

Trátase dunha arte marcial de recente implantación en España e que conta xa cun club en Redondela. O Pressa Team, malia ter moi poucos anos de vida, compite xa a gran nivel nacional e internacional. Un dos seus membros, Sergio Pérez Couñago, ten no seu haber unha Supercopa de España e acadou a prata no II Open Stockmma Internacional.

O club redondelán, filial do canario Gil Catarino, conta na actualidade con 15 membros, cuxas idades oscilan entre os 16 e os 40 anos, e adestran no ximansio Do Yang, en Santa Mariña. O Jiu-Jitsu brasileiro é unha arte marcial e un sistema de defensa persoal de orixe xaponesa, enfocado principalmente “na loita corpo a corpo no chan”. Esta arte promove o concepto de que un individuo “pequeno e lixeiro pode defenderse con éxito dun opoñente máis grande e forte mediante o uso de técnica, levando o enfrontamento ao chan”. Como explica o propio Sergio o seu obxectivo agora é “dar a coñecer este deporte en Redondela”, para que persoas de calquera idade “se animen a practicalo”. O seu palmarés no último campionato de clubs foi a terceira posición por equipos e con moi boas posicións individuais nun torneo de máis de 200 participantes. Con todo, este ano non puideron asistir aos campionatos disputados en Roma e Lisboa pola Federación Mundial por motivos económicos. No mes de maio participarán na Super Copa de Europa en Madrid, no Open de Barcelona da Federación Mundial e no Campionato do Mundo en xuño.  

Sergio Pérez Couñago
Este deportista redondelán fálanos desta modalidade de arte marcial.
Artes Marcial para todas as idades
Sergio anima a persoas de todas as idades a practicar este deporte.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará