Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela aposta por unha programación cinematográfica estable

RR_Noticias

A proxección de Magical Girl o vindeiro 10 de abril será a primeira das seis que se poderán ver no Multiusos da Xunqueira durante os vindeiros meses grazas á adhesión do concello ao circuíto “Cinemas de Galicia” do Agadic. Ida, O Ouro do Tempo, Meu deus, pero que che fixemos?, 9 ondas e Inevitable completan o programa. As proxeccións serán as 21:00 horas e teñen un prezo de 3 euros.

Redondela ven de sumarse ao circuíto “Cinemas de Galicia”  a rede municipal de exhibición cinematográfica impulsada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Unha iniciativa cultural se desenvolverá no Multiusos da Xunqueira e que ten por obxecto ofrecer novas posibilidades de distribución aos filmes galegos que se atopan en fase de explotación comercial e outras películas que malia a súa calidade carecen dunha ampla distribución.
A concellería de cultura escolleu seis títulos, dun catálogo de 27 películas, das que 16 son títulos galegos de moi diferentes xéneros e as 11 restantes, produccións españolas e europeas avaladas pola crítica e por importantes premios e festivais. A primeira das proxección será o día 10 de abril coa película de Carlos Vermut “Magical Girl. Seguiranlle “Ida” o día 17 de abril, “O ouro do tempo” o 15 de maio e a francesa “Meu deus, pero que che fixemos?” o 22 de maio. No mes de xuño proxectarase o día 19 “9 ondas” e o 26 “inevitable”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará