Hoxe é Xoves 14 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Festa da Ostra de Arcade ofrece unha demostración de cociña con novidosas receitas

RR_Noticias

O peirao de Arcade prepara a súa XXIX edición da Festa da Ostra, que se celebrará esta fin de semana, os días 4 e 5 de abril. A cita gastronómica, que este ano coincide coa celebración da Semana Santa, agarda superar os 30.000 asistentes de edicións anteriores.

As boas previsións meteorolóxicas e as novidades que o Concello ten preparadas para esta edición serán tamén excelentes aliados para o éxito desta festa. Dolores Cernadas, a concelleira de Cultura, agarda que se superen as cifras de edicións anteriores, e que se degusten máis de 100.000 exemplares do prezado bivalvo. IO Concello vai manter os mesmos prezos, e a ración de ostras ao natural, en empanada ou en escabeche custará 5 euros. A novidade da edición deste ano será o espectáculo gastronómico “Show Cooking”, que, de man de tres novos cociñeiros, ofrecerá formas novas e orixinais de presentar a ostra. O cociñeiro local, Fran Sotelino, estará acompañado de Alejandro Iglesias e Rocío Garrido, que impartirán este obradoiro para amosar ao público como presentar a ostra de formas novidosas. As casetas abrirán o sábado 4 de abril ás 12.00 horas, que estará animada pola charanga RiasBaixas. Ao redor das 13.00 horas dará comezo a demostración de cociña. Á noitiña a verbena contará coas orquestras Olympus e Capitol, para finalizar cunha tirada de fogos artificiais. O domingo as casetas de venda abrirán as súas portas ás 10.00 horas, para despois actuar as bandas Artística de Arcade e Cultural de Arcade. Ao terminar as actuacións musicais,sobre as 13.00 horas, terá lugar a lectura do pregón, que este ano correrá a cargo do coñecido actor e humorista Manuel Manquiña. A festa terminará co último espectáculo musical de man da charanga NBA. Ademais, os nenos contarán cunha zona de xogos e atraccións inchables no recinto feiral, o que permitirá aos asistentes gozar desta festa en compañía de toda a familia.  

Dolores Cernadas edil de Cultura
A organización confía en que esta Festa da Ostra sexa un éxito de participación.
Show Cooking
Tres cociñeiros amosarán xeitos novidosos de preparar a ostra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará