Hoxe é Domingo 3 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha chambonada na Portela

RR_Noticias

Veciños e partidos políticos denuncian a “rehabilitación” realizada no peirao da Portela por empregar materiais que non son axeitados. Dende o concello anuncian que non van recepcionar a obra ata que o peirao non se atope nas debidas condicións e dende a Concellería de Medio Ambiente xa se lle comunicou á empresa encargada da obra as actuacións que deben acometer para recuperar este peirao de gran valor histórico e patrimonial así como o seu ecosistema natural.

Os traballos de rehabilitación no peirao da Portela debían consistir na consolidación do empedrado e na mellora do peirao así como a colocación dun valado de protección de madeira e a instalación dun panel interpretativo sobre a historia e o valor patrimonial deste elemento. Así consta no proxecto previsto financiado pola Consellería de Medio Ambiente e os Fondos Europeos Feader cun orzamento de 24.º100 euros. O obxectivo recuperar un elemento construído na metade do século XVIII e que forma parte do litoral de Cedeira.
Sen embargo, a “rehabilitación” acometida pola empresa encargada das obras dista moito de cumprir con este obxectivo. O emprego de material non axeitado, como cascallos ou cemento, alarmaron aos veciños do lugar que ante a desfeita trasladaron o seu malestar aos partidos políticos.
Dende a Concellería de Medioambiente o edil Miguel Angel Álvarez explica que “despois de comprobar que esa obra non cumpre dende logo co que este goberno entende como rehabilitación e estando en total desacordo cos materiais usados, se lle encargou un informe ao arquitecto no que se establecen as actuación que debe acometer a empresa”
Entre outras cuestións en dito informe se lles esixe que se retiren os entullos e restos de obra existentes, que se derruben os muretes feitos con materiais inaxeitados  así como a soleira de formigón feita con descoido e volta ó estado anterior ás actuacións (rampla natural de terra para subida das gamelas). Tamén se insta a empresa a recolocar as pedras dos distintos muretes existentes na explanada e o levantamento e recolocación das pedras do espigón de xeito que volva presentar o aspecto orixinal.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará