Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Actividades para os nenos nas bibliotecas de Chapela e Redondela

RR_Noticias

Este xoves e venres as instalacións das bibliotecas acolles dous novos contacontos dirixidos ao público infantil. O día 26 será na axencia de lectura de Chapela co grupo Xanela Ocio e os seus Contos ao revés. Ao día seguinte, venres 27 na biblioteca de Redondela Miguel Angel Alonso Diz presentará “O soño de Esther”.
 

A propostas do grupo Xanela Ocio cos seus contos ao revés está orientada a nenos e nenas a partir de 5 anos. Un contacontos no que os papeis dos personaxes son transformados e alterados, fomentando a igualdade e o respecto, onde as bruxas son boas, os príncipes feos, e as princesas…
O xoves 26 de Marzo, ás 18:30 h. con entrada libre ata completar o aforo.
Xa o venres chega a Redondela “O soño de Esther” un contacontos para nenos de 4 a 7 anos nas instalacións da biblioteca no Multiusos da Xunqueira. Da voz de Miguel Ángel Alonso Diz, os nenos viaxarán ao mundo dos soños, vivirán fermosas aventuras e mesmo descubrirán a historia da nosa lingua. Ao remate, pintarán na escuridade coa luz que desprende a súa poesía. Todo isto na sala infantil o día 27 de marzo ás 18:30 h. Entrada libre e de balde, ata completar aforo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará