Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno local rebaixará o tipo impositivo para evitar novas subas do IBI

RR_Noticias

A concelleira de economía e facenda, Ana Alonso critica aos socialistas por esixir medidas encamiñadas a mitigar a suba do recibo que “eles non aplicaron cando gobernaban”. Asegura ademais que os incrementos dos últimos oito anos foron aprobados polo bipartito no 2006 “cando Eduardo Reguera era Concelleiro de Facenda”.

Alonso explica que o incremento dos recibos responde a revisión catastral feita polo goberno municipal no ano 2006 cando máis elevados estaban os prezos das vivendas. Unha revisión que supuxo por exemplo “que unha vivenda cuxo valor era de 45.000 euros pasara a 112.000 o que supuxo a súa vez un incremento exponencial dos recibos”. Engade ademais que para non trasladar eses incrementos dunha única vez deciden facelo paulatinamente con subas que se veñen aplicando dende hai oito anos. A edil de Facenda engade que unha nova revisión catastral para corrixir esa situación, tal e como demanda o PSOE, non é viable “porque o Catastro non o permite ata o 2016, ano no que poderemos solicitalo e aínda teremos que esperar varios anos ata que nolo concedan”. Con todo, e edil anuncia que agora que xa están actualizados todos os padróns “imos levar ao pleno unha rebaixa do tipo impositivo ao mínimo establecido por lei pasando do 0,44 actual ao 0,4”. Engade que a efectos prácticos isto suporá “contrarrestar o incremento que os veciños ían sufrir novamente nos seus recibos o vindeiro ano e nalgún caso incluso suporá unha rebaixa neses recibos”.    

Ana Alonso edil de Facenda
Unha subas que veñen dende o ano 2006
Revisión catastral
Non se poderá volver solicitar ata dentro dun ano
Rebaixa nos recibos
Coa aplicación do tipo mínimo establecido por lei

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará