O Club MeigArco viviu un fin de semana de celebración no III Gran Premio de España de tiro con arco nas modalidades 3D e Campo, celebrado en Piélagos (Cantabria). A arqueira Mel Sanjorge foi a gran protagonista ao conseguir a medalla de ouro en 3D e a medalla de bronce en Campo.
Dous arqueros do MeigArco, Mel Sanjorge e José Ángel Casal, desprazáronse ata Cantabria para representar ao club. Na modalidade de 3D, José Ángel Casal rematou na 17ª posición, quedando fóra das eliminatorias. Mel Sanjorge, pola súa banda, clasificouse en 2ª posición e foi avanzando con autoridade nas eliminatorias ata chegar á gran final polo ouro, onde derrotou a Mª de Los Ángeles por un tanteo de 45-38. En Campo, José Ángel Casal finalizou na 14ª posición. Mel Sanjorge volveu clasificarse en 2ª posición, accedendo directamente ás semifinais. Aínda que caeu nesta rolda, disputou a final pola medalla de bronce, na que se impuxo a Mar Pérez por 42-33, conseguindo o metal.
O Club MeigArco expresou o seu enorme orgullo polos resultados obtidos, salientando que “o arduo traballo dá os seus froitos” e felicitando aos seus arqueiros por levar o nome do club ao máis alto do tiro con arco nacional.










