A banda Jay and the Smoking Machines regresa hoxe xoves 30 de abril aos escenarios cun concerto no Pub Aquelarre, dentro da súa actual xira de primavera que os levará por distintas localidades galegas.
A actuación, que forma parte do tour —con paradas tamén na A Coruña, Nigrán ou Vigo— chega nun momento especial para o grupo, que vén de retomar a actividade tras varios meses de parón por problemas físicos dalgúns dos seus integrantes. Lui, membro da banda, explicou que “foi un ano moi estraño”, marcado por lesións que obrigaron a deter a actividade durante “sete ou oito meses”. Con todo, o grupo volveu á carga en marzo e afronta agora esta pequena xira “con ganas de enganchar varios concertos” e recuperar o pulso directo.
O concerto de Redondela servirá tamén para seguir presentando o seu traballo discográfico Evil Eye. Segundo avanzou Lui, o público poderá escoitar “todos os temas do disco”, aínda que tamén haberá espazo para novidades: “sempre temos algún tema novo, hai ideas que non paran de saír”.
A actuación no Aquelarre será ás 22:30 horas con taquilla inversa e haberá merchandising dispoñible, incluíndo os vinilos do disco.










