Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O balonmán local triunfa en Primeira Nacional

RR_Noticias

Chapela e SAR afiánzanse nos postos altos da clasificación logo de sumar dúas novas vitorias nos encontros disputados na fin de semana. O Construcciones Castro vencía nun axustado partido ante o Cisne por 31-30. A SAR facía o propio na súa visita ao campo do Poio.

O pavillón de Chapela viviu esta fin de semana un emocionante encontro no que o equipo local acabou coa imbatibilidade do Cisne. Partido resolto nos últimos instantes cun axustado 31-30, e que supón unha importante vitoria para o Chapela que se mantén nos postos altos da táboa en Primeira Nacional.
Os pontevedreses foron por diante no marcador ata pouco despois do descanso cando se producía a reacción do Construcciones Castro que foi moito máis preciso nos minutos finais para apuntarse finalmente un triunfo que aperta aínda máis a cabeza da clasificación. Dende o terceiro posto xogan na vindeira semana no campo do Cañiza, decimo primeiro na clasificación xeral.
Cómodo triunfo por outra banda para a SAR nun partido disputado no campo do Poio. Un encontro que os redondeláns dominaron dende o inicio e que rematou co resultado de 20-25 a favor da SAR Plastic Omnium. O equipo xoga na vindeira semana na Bomboneira, dende o cuarto posto da táboa reciben ao Lalín, situado na sétima praza.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará