Os veciños presentaran un escrito no Concello de Redondela solicitando información sobre a situación na que se atopaba este guindastre situado na Avenida de Vigo nunha obra abandonada dende hai anos. Temían que o guindastre puidera ser derrubado polo vento e os temporais.
No escrito os veciños amosaban o seu temor a que este guindastre de grandes dimensións que permanece abandonado dende hai varios anos entre os números 79 e 83 da Avenida de Vigo se derrube sobre as súas vivendas. Por este motivo demandaban do concello información sobre si esta infraestrutura pasara as revisión periódicas e o mantemento obrigatorio.
A empresa responsable do guindastre procedía esta fin de semana a desmontar e retirar a infraestrutura da vía pública.