Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco mantén vivo o soño diante do Grixoa

RR_Noticias

Os redondeláns impuxéronse por 2-0 nun partido que se lles complicou máis do previsto diante do pechacancelas. O mal estado do terreo de xogo, anegado en parte, tamén foi protagonista dunha xornada fría para o fútbol en Santa Mariña. O Grixoa non soubo aproveitar as súas ocasións e o oficio dos de Jacobo Montes foi suficiente para anotar os tres puntos que lles permiten seguir soñando coa fase de ascenso.

Terceira División
Choco 2-0 Grixoa
Empezaron mellor os visitantes, moi serios pero con pouca claridade nas chegadas, e falta de acerto ante a portaría defendida por Cortegoso. Rober marcou o 1-0 ao pouco de comezar o encontro, e o Choco aí reaccionou e subiu cara arriba, o que lle axudou a contar con algunha ocasión máis. Cos redondeláns máis dominadores ao final da primeira parte chegouse ao descanso. Tras o paso polo túnel de vestiarios, o Grixoa saíu máis enchufado, poñendo as cousas moi complicadas aos de Montes. O Grixoa mostrouse moi serio pero de novo sen oportunidades claras de gol. Nos instantes finais do encontro, Gonza marcou o 2-0 definitivo e xa non se movería o marcador. A vitoria permite aos redondeláns regresar ao bo camiño despois do seu tropezo da pasada xornada no campo do Racing Vilalbés e sumar un novo triunfo para continuar na loita polos postos de privilexio da táboa de Terceira. Na próxima xornada visitan o campo do C. Areas, equipo afundido no pozo clasificación.
Terceira Autonómica

At.Vilar 2-2 Miño
Importante punto para os redondeláns, que conseguiron un empate diante do Miño, que chegaba a Redondela compartindo liderado co Chapela.
Fortuna 0-3 Chapela
Os de Redondela non se deixaron sorprender polo pechacancelas, o Fortuna, e impuxéronse con autoridade no partido disputado onte. Unha vitoria que lle permite liderar o grupo en solitario, grazas tamén ao empate do Miño co Vilar, que os beneficia. E precisamente será o Vilar o próximo rival do Chapela, nun interesante duelo local que se disputará en Chapela.
Nespereira 2-2 Louredo
O Nespereira mantén a 5ª posición na táboa logo do reparto de puntos co Louredo, afundido no pozo da clasificación. Na próxima xornada aos de Pazos tócalles descanso.
Futbol sala. Terceira División

5 Coruña 4-3 Pazos Fútbol Sala
Malia ser favoritos pola súa situación na táboa, os de Pazos volveron de baleiro da Coruña. Unha derrota difícil de explicar, sobre todo polo xogo despregado na pista, onde os de Marcelo foron superiores, con moitas ocasións que foron incapaces de concretar. Máis efectivos foron os locais, con catro goles en apenas catro tiros a porta, o último deles fóra de tempo, segundo advirte o Pazos F.S. De feito o club xa anunciou que interporá recurso ante unha decisión arbitral que, ó seu modo de ver, é un total “despropósito e falta de respecto”. O resultado déixaos na sexta posición da táboa, posición que defenderán o sábado en Pazos de Borbén diante do Ribeira, o décimo clasificado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará