Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta destina preto de 80.000 euros á Confraría de Arcade para a contratación de vixiantes

RR_Noticias

O obxectivo é colaborar na xestión e vixilancia das zonas de produción polo que tamén se contratará un biólogo. Destinaranse 6000 euros máis para a rexeneración dos bancos marisqueiros segundo explicou a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, quen esta mañá visitou a confraría de pescadores de Arcade acompañada polo alcalde da localidade, Agustín Reguera, e o patrón maior, José Luis Rubianes.

Durante o encontro, Bravo Bosch explicou que a Consellería de Medio Rural e do Mar ven de publicar as axudas para a mellora da produtividade dos bancos marisqueiros e para a xestión e vixilancia. Para estes tres ámbitos, a confraría de Arcade recibiu case 87.000 euros. Concretamente, contou con 6.000 euros para a rexeneración dos bancos marisqueiros así coma máis de 80.000 euros para destinalos á contratación de 4 vixiantes durante un período de 12 meses e un posto de biólogo.
Deste xeito, segundo recordou a delegada territorial, a Consellería do Medio Rural e do Mar destina preto de 550.000 euros a 6 confrarías da área territorial de Vigo (Redondela, Baiona, Moaña, Arcade-Soutomaior, Aldán-Cangas e Vigo) para axudas destinadas á mellora da produtividade dos bancos marisqueiros con perda de produción así coma para a xestión e vixiancia das zonas de produción. A liña de axudas para a mellora da produtividade destínase a proxectos colectivos de acondicionamento mariño e rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan de forma sustentable a mellorar a xestión e conservación dos recursos mariños vivos.
Por outro lado, Bravo Bosch lembrou a concesión dos convenios de colaboración coas diversas confrarías para a xestión e conservación de zonas de produción e vixilancia. Neste senso, para as 6 confrarías da área territorial, se destinan un total de case 400.000 euros co fin de contratar a 19 vixiantes e 5 biólogos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará